Bo día!
Un curso máis estou aquí para deixar a axenda que emprego eu por se é de utilidade.
Non prolongarei moito esta entrada, deixo a disposición:
- Axenda vertical: A que emprego eu, lista para imprimir a dobre cara.
- Axenda apaisada: Algunhas compañeiras do meu cole apáñanse ben con este modelo así que volvín facelo por elas.
- Axenda interactiva: Con lapelas superiores e laterales ademáis de interactividade nos calendarios. É un pdf interactivo que tamén se pode importar a GoodNotes e así.
- Caderno adicional interactivo: É un caderno dixital moi simple, con algunhas lapelas e follas punteadas que a min me serviu os últimos anos.
- Caderno-páxinas adicionais: Son arquivos de páxinas o caderno dixital pero por se alguén quere imprimilos ou combinalos coa axenda.
- Calendarios do curso 25-26 e do ano 26.
Listo, agardo que esteades a ter un bo agosto e mando moito azos para a volta.
Saúdos desde a fiestra.