12/08/2025

Axenda(s) imprimibles e interactiva 2025-2026

 Bo día!

Un curso máis estou aquí para deixar a axenda que emprego eu por se é de utilidade.


Non prolongarei moito esta entrada, deixo a disposición: 

  • Axenda vertical: A que emprego eu, lista para imprimir a dobre cara.
  • Axenda apaisada: Algunhas compañeiras do meu cole apáñanse ben con este modelo así que volvín facelo por elas.
  • Axenda interactiva: Con lapelas superiores e laterales ademáis de interactividade nos calendarios. É un pdf interactivo que tamén se pode importar a GoodNotes e así.

  • Caderno adicional interactivo: É un caderno dixital moi simple, con algunhas lapelas e follas punteadas que a min me serviu os últimos anos.
  • Caderno-páxinas adicionais: Son arquivos de páxinas o caderno dixital pero por se alguén quere imprimilos ou combinalos coa axenda.

  • Calendarios do curso 25-26 e do ano 26.
Como explico sempre, eu para rexistros e avaliacións emprego iDoceo odesde hai moito tempo así que este material non inclúe iso...

Se algo de todo isto é de utilidade para ti, só tes que facer clic AQUÍ e descargar o que interese. sen máis, listo para imprimir ou usar no teu dispositivo.

Listo, agardo que esteades a ter un bo agosto e mando moito azos para a volta.

Saúdos desde a fiestra.

5 comentarios:

  1. Un ano máis moi agradecida por compartires este fabuloso traballo. Son xa moitos anos traballando coa túa axenda, e non concibo o meu día a día sen ela. Hai xente que comparte outras axendas, pero para min esta é a mellor, Non demasiado extensa xa que eu lévoa conmigo todos os días, e ideal para as anotacións que hai que facer ao longo do curso. Como son unha clásica, encántame imprimila e anotar a man.
    Grazas de novo e que teñas un fantástico curso ti tamén.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por compartir este maravilloso traballo.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas❤️

    ResponderEliminar
  4. Moitísimas grazas un ano máis. Dicirche que é un traballo magnífico.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas polo teu traballo e pola túa xenerosidade

    ResponderEliminar