16/04/2020

Letras Galegas 2020: Carvalho Calero! Un "escape room" dixital.

16 de abril! 
Non sei como chegamos ata aquí pero de súpeto resta só un mes (e un día) para o Día das Letras Galegas, un Día das Letras que non se sabe como vai transcurrir, polo de agora con actos oficiais adiados a outubro e con voces que se erguen pedindo un 2021 para Carvalho Calero... é que... tantos anos agardando por un Día das Letras para el e agora... semella que temos outras cousas máis urxentes que atender.

O certo é que si, afirmativo, temos outras cousas máis urxentes que atender pero ben, aínda así achego a miña proposta, adaptada a tempos de confinamento. 
É unha proposta pensada para 6º de primaria e secundaria (tamén para que a probedes os adultos).

O caso é que eu, en terceiro ciclo, como sabedes, adoito crear unha especie de "Break Out" ou "EscapeRoom" distinto cada ano (aquí no que liberaron o antídoto contra a desigualade o ano pasado) e este ano faría algo similar... mais as cousas mudaron pero seguindo un pouco ese espíritu e pensando en que tiveran algo semellante pero desde o fogar creei este "Break Out" dixital.

É un xogo de pistas, códigos, investigacións... como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información.
Por suposto, eu tamén agardo e desexo estar nas aulas para o 15 de maio (o 17 é domingo) pero como todas e todos sabedes, polo xeral, o traballo para o descubrimento e coñecemento do homenaxeado adoita comezar bastante antes... así que esta foi a miña argallada para ilo facendo.

Un xogo que nos reta e pretende entreternos un anaco do día e, de camiño, descubrirnos a Ricardo Carvalho Calero e o seu enorme labor a prol da nosa lingua.





O xogo coido que funciona de xeito aceptable nos móbiles mais sempre será máis doado usalo en ordenador, é unha forma de achegar a celebración do día e tamén información sobre o homenaxeado, a súa vida e obra, aos fogares (ou aulas de informática...) Encantaríame que o probarades se vos apetece (e que participarades do "Cadavre Exquisito" final tamén...).



 


Déixovos co xogo, por si a alguén lle é de utilidade, como todo, podedes empregalo libremente, compartilo,...

Agardo que vos sexa de interese e/ou utilidade. 

Saúdos e, sobretodo, saúde desde a fiestra!



14 comentarios:

  1. Parabéns polo teu traballo. Encantoume! Usareino co alumnado de 3º ESO. Grazas pola xenerosidade para compartilo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polas túas palabras e por escribir! Xenial que che sirva, ponme moi contenta! Moitos folgos a ti tamén, saúdos e saúde!

      Eliminar
  2. Parabéns! Realizaches un traballo boísimo. Vouno empregar co alumnado de 1º e 2º ESO. Quero amosarche o meu agradecemento por compartilo. Grazas a aulasgalegas por fornecernos de tantas ideas e achegarnos traballos tan interesantes coma o teu. Grazas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas por escribir! Alégrame moito que sexa de utilidade, que ben! Envío moitos folgos e grazas de novo! Aperta

      Eliminar
  3. Obrigadísima poolo teu traballo tan xeneroso. Puxen para o alumnado de 2º bac e, por primeira vez neste confinamento, déronme o seu feedback, de maneira totalmente espontánea. Todas e todos para dizer que lhes encantara e que queriam máis xogos detes.
    É bom saber que hai persoas tan xenerosas e competentes coma ti. Parabéns!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Como me alegra que fora de utilidade! Grazas por propoñelo, a eles/as por animarse e tamén moitísimas grazas por transmitir as impresión que recolliches do teu alumnado, de verdade!

      Eliminar
  4. Parabéns polo excelente traballo e moitísimas grazas por compartilo. É xenial!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por escribir! Alégrame moito que che gustara!

      Eliminar
  5. Teño que felicitarte polo xogo, está xenial. Son profe de secundaria e xusto o descubrín onte, polo que xa vai como tarefa para a vindeira semana! Este tipo de cousas son xeniais para motivalos e recoñezo que eu non sabería nin por onde comezar para facer algo así!

    ResponderEliminar
  6. Todo é poñerse... moitísimas grazas por escribir e polas túas palabras, alégrame moito se é de utilidade!

    ResponderEliminar
  7. Ola Patricia!!
    Quero agradecerche inmensamente a túa xenerosidade!! Esta semana as miñas alumnas de secundaria do IES DE MOS están desfrutando co teu xogo, un éxito!! Obrigada por compartires a túa sabedoría, a túa creatividade e a o teu traballo!
    Síntome en débeda, con que podo contribuír?
    Un bico ghrande!
    iria

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Moitísimas grazas alégrame tanto que vos servira a tí e ás alumnas...de verdade! Eu feliz! Aquí non hai débeda algunha, partillar é vivir! Apertas e grazaaas! :)

      Eliminar
  8. Our brochures include technical specification, choices choice and the worth listing. Thanks to over-engineering and absence of elements like air compressors, our wheels do not require any scheduled upkeep. In order to adapt to your particular person fashion and ideas, we extended our range of wheels fashions with a fantastic selection of extra customer-specific choices and 카지노 사이트 potentialities. A book in regards to the success of the Garcia-Pelayo's means that they generated wins of 14 million pesetas in Vienna, thirteen million in Amsterdam, and 40 million in Lloret de Mar. Croupiers who labored the tables when Garcia-Pelayo launched his most daring raids nonetheless keep in mind the outcome result} well, with a continuing sense of awe. What is even worse, is that casinos now observe all Roulette outcomes in the identical method that Gonzalo García-Pelayo did in the early Nineties.

    ResponderEliminar