Chega agosto e ábrese a fiestra para que entre o aire!
Chegadas estas datas unha xa deu unhas cantas voltas á organización, proxectos e materiais para o novo curso, a verdade. Xa teño unha ringleira de proxectos abertos e materiais en contrucción que moi pronto iredes vendo.
Ademáis, sempre se pensa en xeitos de optimizar a organización e planificación da globalidade do curso.
Como xa contara na entrada sobre organización do curso pasado, tras ter alternado entre anos nos que toda a miña organización docente era dixital e outros nos que empregaba moito papel e cadernos docentes físicos atopei a miña fórmula persoal, o que coido que máis se adecúa ás miñas necesidades, e é unha opción combinada.
Coma organizador de aulas, grupos, notas e rexistro de calificacións en canto a competencias e proxectos seguirei empregando iDoceo (só para dispositivos Apple), xa comentara que probara outros como "Cuaderno del profesor" e o de Additio mais cada día recomendo máis encarecidamente o iDoceo se o dispositivo que empregas ten a mazá por marca. As súas posibilidades, optimizacións e uso son cada vez máis sorprendentes e funcionais para todo tipo de docente e ademáis da gran capacidade de personalización que ten cada día incorpora funcións máis interesantes, persoalmente intéresanme e destaco especialmente:
- Total integración co entorno Google Classroom.
- Facilidade para a organización da avaliación do desenrolo de competencias cun completísimo sistema de xestión de estándares e competencias (video explicativo máis abaixo, funciona incríble!)
- Diario e planificador por día/semana tanto xeral como para cada grupo.
- Integración coa asignación de insignias (badges) (moi interesante para todos os proxectos gamificados ou ludificados, e esta asignación de insignias pódese vincular tamén con Google Classroom)
- Actualización e optimización da aplicación con moita frecuencia e xeralización no seu uso.
Non direi que é á máis sinxela de comezar a empregar pero cun chisco de tempo argallando é, sen dúbida, á que eu lle saco máis rendemento, tamén vai no gusto, recoñezo que cando empreguei "Cuaderno del profesor" e a de Additio a curva de aprendizaxe foi moito máis rápida e nun minuto tes andando un cuaderno sinxelo, con menos funcionalidades pero válido para moitas tarefas.
Tras curso desbotando o uso de papel recoñezo que eu preciso un pequeno soporte físico, moitas veces teño moitas frontes abertas, ideas, proxectos e tarefas que prefiro ter organizadas nun caderno no que escribo, borro, cambio, pego cousas, etc. e este tamén mellora a miña eficiencia.
Non gosto de cargar con pesadas axendas docentes (ou non docentes) só para a planificación de actividades de aula así que opto por elaborar unha que resulte cómoda e divídoa nos tres trimestres de xeito que levo unha pequena libreta.
Aquí podedes descargar o modelo de axenda lixeira que fixen para o primeiro trimestre.
Coido que esta mesma semana subirei outra entrada con parte da organización de aula. Cantos/as empregades o portfolio do alumno/a? para min é un recurso moi potente e de valioso poder para o desenvolvemento de aprendizaxes, ademáis cada día hai máis xeitos de crealos, presentalos, etc. así que... pronto a miña idea, apps e demáis.
Xa teño varios proxectos e actividades no forno listas para ir subindo así que, comezamos de novo! Agardo que esteades a pasar unhas boas vacacións, desfrutade!
Saúdos desde a fiestra!
Ups! Non quero marchar sen deixar mostra da curtametraxe (case media...) que crearon, guionizaron, prepararon, representaron e estrearon os rapaces de 1º e 2º do CEIP de Caión o curso pasado co soporte desta mestra e do seu incríble mestre de música, estos proxectos, claro, son imposibles sen a impecable implicación de cada alumno/a así como a do resto do claustro e a axuda das familias, nesta outra entrada tamén podedes ver o proxecto "cinema na escola" por si vos animades!
Ups! Non quero marchar sen deixar mostra da curtametraxe (case media...) que crearon, guionizaron, prepararon, representaron e estrearon os rapaces de 1º e 2º do CEIP de Caión o curso pasado co soporte desta mestra e do seu incríble mestre de música, estos proxectos, claro, son imposibles sen a impecable implicación de cada alumno/a así como a do resto do claustro e a axuda das familias, nesta outra entrada tamén podedes ver o proxecto "cinema na escola" por si vos animades!
ACTUALIZACIÓN: Nesta entrada podedes descargar xa a segunda e terceira parte da axenda imprimible!
Although the HKJC has a monopoly on betting, the area generates the most important horseracing betting turnover in the world 온라인 카지노 every year. This figure was six occasions bigger than the second-largest average takings, recorded by the French. You may also discover that they have partnered with selection of|quite lots of|a wide selection of} responsible playing organizations, further establishing their legitimacy. You can sometimes find links to those organizations within the site’s footer, or of their section on responsible playing. As the variety of rounds will increase, eventually, the expected loss will exceed the standard deviation, many occasions over.
ResponderEliminar