30/08/2018

Axenda docente 2018-2019

Esto está a piques de comezar!

Como sei que a moita xente lle pode ser de utilidade subo esta sinxela axenda docente descargable que fixen.




Como podedes ler en entradas doutros anos eu teño case toda a labor de calificacións, anotacións, programación, etc. dixitalizada (emprego principalmente iDoceo, moi útil e completa pero con moitísimo que trastear) así que esta axenda é en esencia un simple planificador xa que procuro que sexa moi lixeiro, de feito, sabedes por outros cursos que adoitei imprimir por trimestres para non levar peso de máis.

Aquí tedes o curso completo:

  • Portada
  • Páxina de datos
  • Calendario escolar
  • Horarios
  • Planificador dos tres trimestres con candasúa portada.
  • Páxinas de reunións
  • Notas ao curso que ven
Todo iso listo para que imprimades e empreguedes coma mellor vos conveña (enteiro, por trimestres, con máis follas para reunións ou notas, eliminando partes, etc.)

Con folgos e moitas ganas de ir subindo cousas que teño pendientes pecho esta entrada, agardo que todos e todas teñades moi boa entrada no curso, a disfrutar!

Saúdos desde a fiestra!

20 comentarios:

  1. Enhorabuena por este trabajo, me parece estupenda.

    ResponderEliminar
  2. Moi bo traballo!!! Parabéns!

    ResponderEliminar
  3. Está xenial! Como podo descargala?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que che sirva!
      No slideshare tes un botón de descarga! (Fai clic nesta entrada onde pon "Axenda docente simple 2018-2019" debaixo da previsualización ou sigue esta ligazón:
      https://www.slideshare.net/patriciasanchezlamas/axenda-docente-simple-20182019 )
      Se tes claquera problema volve escribir pero non deberías telo. :)

      Eliminar
  4. Descargueina! Paréceme moi práctica e ten un diseño ben bonito. Parabéns Patricia e moitas grazas por compartir.

    ResponderEliminar
  5. Moitos parabéns pola axenda, o ano pasado eu fixera unha para a miña páxina pero realmente a túa está moito mellor por iso o que vou facer é referenciar directamente a túa. Moitísimas grazas por compartir o teu traballo. Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. Moi práctica e bonita. Parabens! E gracias por compartir

    ResponderEliminar
  7. Ola, non sei se para o novo curso vas a elaborar unha nova axenda. Este ano usei esta e foi toda unha maravilla. Moitas grazas por deseñala!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ui! acabo de ver este comentario... Tes na entrada nova a deste ano!! É moi similar á anterior así que se che foi de utilidade supoño que a nova tamén.

      Saúdos e moitas grazas por escribir!

      Eliminar