domingo, 8 de abril de 2018

Letras Galegas 2018

Nin cedo nin tarde, unha vez máis achégase o maio e a correspondente celebración do Día das Letras Galegas.

É unha das miñas conmemoracións favoritas pola oportunidade que da, cada ano, de descubrir un autor (neste caso autora, por fin, "só" levamos un balance 54-4...) cos cales ir seleccionando os que máis nos gustan, os que non, as obras que máis nos chaman a atención, as vidas dos escritores/as galegos, etc.



Aquí déixovos a web que elaborei na que creei unha serie de recursos que irei empregando con distintos grupos do meu cole, o certo é que ata o día das Letras é moi probable que esta entrada se amplie en contidos mais vou deixando unha serie de ideas e recursos.

Na web atoparedes:

  • Biografía sonorizada: Unha biografía da autora, escrita para descubrir nela non só a súa traxectoria vital senon tamén seccións susceptibles de ser sonorizadas e ás que lles engadiremos os nosos efectos de son. Poderedes atopar as actividades paso a paso e tamén o material descargable que emprego.
  • Fichas descargables: 6 fichas descargables para o traballo sobre anacos de obras da autora coas que descubrir a esencia da galardoada.


  • Regueifa das Letras: Actividade coa que traballar a regueifa, arte da improvisación versada a través da vida e obra da autora e da propia conmemoración. Atoparedes como desenvolvo a actividade paso a paso e o material descargable correspondente.
  • Pílulas de Victoria: Actividade de traballo audiovisual co que sumerxirnos nun mini-proxecto en grupo para a difusión da vida e obra da autora e ao que incorporaremos realidade virtural nunha fase final. Tamén está o paso a paso e o material.
  • Concurso das Letras: Mini concurso ou test ao estilo do 50x15 sobre a conmemoración e a galardoada e a súa obra.

Podes facer clic na imaxe para acceder á web!



Agardo que botedes un ollo e vos sexan de interese e utilidade os recursos e procurarei actualizar a entrada con aqueles que vaia incorporando.

Saúdos desde a fiestra!

6 comentarios:

  1. Respostas
    1. Moitas grazas polo teu comentario! Alégrame que vos interese! :)

      Eliminar
  2. Parabéns por un traballo tan ben feito.
    Solicítoche permiso para poñer enlace nun Symbaloo que estamos elaborando para as Letras Galegas. Somos do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo. Mandareiche o enlace do Symbaloo en canto estea en condicións.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, moitas grazas polas túas palabras.
      Por suposto, está subido para eso, para que o poida empregar, visitar e compartir todo aquel que queira!
      Encantada de visitar o symbaloo e descubrir cousiñas cando o teñades!

      Saúdos e ánimo co trimestre! :)

      Eliminar