domingo, 8 de outubro de 2017

O corpo e os sentidos

Apetécevos un material de traballo por tarefas e actividades para as ciencias naturais?

Aquí vos prensento o material que fixen para traballar o corpo humano e os sentidos no grupo de 1º de primaria. Constitúeno tarefas e actividades que prentenden ser significativas e consolidar aprendizaxes. 

(Podes acceder á web pinchando na imaxe)

Empezamos cun traballo introductorio empregando unha canción e a ficha asociada para pasar despois a un xogo moi exitoso sobre o recoñecemento de partes do corpo.

Tamén traballamos o coidado do corpo reflexionando sobre aquelo que precisamos para o benestar completo e elaborando a nosa receita infalible.

Despois hai un pequeno traballo xeral sobre os 5 sentidos cunha actividade de pequena recollida de datos que se pode facer no patio do cole.

Tras a actividade xeral dos sentidos pasamos a cada sentido de xeito individual e nesas partes atoparedes tarefas de experimentación e manipulación, traballo con imaxes, curtas, sons, tarefas sobre a comunicación en casos de dificultades no uso dalgún sentido (braille, lingua de signos...) e tamén desenrolo creativo por exemplo no punto no que imaxinamos sabores (A que saberá a noite? os bicos? os enfados?...) 

Finalmente rematamos cun pequeno reto fotográfico chamado "a nosa mellor parte".

Dito así pode parecer moita leria para traballar o corpo e os sentidos mais coido que está todo bastante ben organizadiño e preparado para ter unha secuencia didáctica axeitada e fácil de implementar xa que na web tedes todas as explicacións e ademáis todas as fichas que emprego listas para descargar, imprimir e empregar.

Nós non empregamos libro na área mais para aqueles/as que si o tedes entendo que pode ser un lugar do que extraer algunhas ideas ou materiais cos que complementar as actividades da editorial pertinente e agardo que vos interesen.

Agardo que esteades a ter un bo curso e que o material vos resulte de utilidade, interese ou inspiración.


Saúdos desde a fiestra!

2 comentarios:

  1. Patricia, encántame o traballo que estás a facer! Usarei algunha destas cousiñas cos meus nenos de 1°. ������

    (Son Noelia. Estudiamos xuntas ��)

    Un bico

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oh! Noelia! :)
      Moitísimas grazas polo teu comentario, agradécese de veras. Alégrame moito que che resulte útil ou interesante!

      Eliminar