29/07/2021

Axenda docente 2021-2022 descargable

Xa estamos aquí, a piques de entrar en agosto, e chega a axenda docente...

Lembro que o curso pasado escribía sobre que facer a axenda era un xeito de atopar áncora nun curso que se viña plagado de incertezas porque... vaia marexadas levamos desde aquel 13 de marzo, a verdade.

Semella que á "normalidade" aínda lle vai faltar un pouco para chegar ás escolas e imos ter que seguir navegando entre ondas e remuíños (se cadra sempre o fixemos) así que haberá que agarrar os aparellos e botarse ao mar.


Deste xeito chega a miña nova axenda, sendo áncora e faro para min... como sabedes doutros anos é unha axenda/planificador moooi sinxela, mais é o que teño comprobado que funciona para min... (se buscades por "axenda" tedes algunhas entradas sobre como me fun organizando varios anos)

A axenda ten as capas, folla de datos, calendario escolar e parte para os horarios e despois follas para dividir os trimestres (poderíades movelas de sitio se fora preciso) un calendario de cada mes ao principio do mesmo con algunhas datas sinaladas e as follas da programación (semana vista)na que tamén se sinalan algunhas datas de interese. É dicir, o formato xeral é coma o dos outros anos e tamén repito o de incluír uns sutís puntiños de fondo que sirven de guía na escritura xa que estiven cómoda con eles...




Persoalmente imprimo en A4 (a dobre cara), o arquivo está listo para imprimir así sen máis (ou mandar a imprimir) e xa se podería encadernar (eu teño un caderno Filofax reutilizable de hai uns anos e é o que estou empregando pero é igual que encanutillar).

Ademáis, deixo un arquivo máis que contén: dous modelos de follas de táboa (tipo avaliación/faltas/retos...), un modelo de folla para os aniversarios e portadas simples doutras seccións/cadernos (claustros, cursos, ideas, reunións con familias, biblio...)


Non é unha axenda moi extensa nin con moita historia pero é o que me funciona a min (de feito eu imprimo por trimestres...) pero se a alguén lle é de utilidade aquí está para que a poidades descargar, podedes facelo no arquivo deslizable de arriba mais deixo tres ligazóns alternativas e xa sabedes que podedes contactarme (aquí, no instagram ou onde sexa) e non teño problema en mandala por mail:

LIGAZÓN CARTAFOL DE GDRIVE

LIGAZON WEB DESCARGA DIRECTA ARQUIVOS 

LIGAZON SLIDESHARE AXENDA

LIGAZÓN SLIDESHARE FOLLAS ADICIONAIS

(Teño a sensación de que slideshare está reducindo moito a calidade do arquivo, polo menos eu véxoo peor aí así que recomendo calquera das outras alternativas, se cadra a web da "descarga directa" é o máis sinxelo...)

Sen máis, aquí quedan os arquivos por se a alguén lle son de utilidade,  imprimir e listo!

Agardo que esteades ben e tendo un bo verán e que collades moitos folgos para o vindeiro curso e mándovos tamén...

Saúdos e saúde desde a fiestra!



17 comentarios:

  1. QUE BO TRABALLO! AGRADÉZOCHE UN MONTÓN QUE O COMPARTAS! DANDO EXEMPLO NESTA PROFESIÓN TAN BONITA! GRAZAS DE VERDADE.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. <3 Moitas grazas! compartir é vivir :) hahah

      Eliminar
  2. Unha axenda preciosa e moi ben deseñada. Noraboa e moitas gracias por compartila de balde.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas por escribir, alégrame se lle sirve a máis xente :)

      Eliminar
  3. Gustoume moito a axenda. Moitas grazas por compartila.

    ResponderEliminar
  4. Encantoume a axenda.Moitas grazas por compartila.

    ResponderEliminar
  5. Está xenial. Eu xa empreguei a do ano pasado que me falaron dela e é un traballo impresionante. Estaba desexando que sacaras a deste ano. Moitas grazas por compartila.

    ResponderEliminar
  6. Moitísimas grazas por compartir! Un traballazo!

    ResponderEliminar
  7. Moitísimas gracias por compartir. Eu sempre emprego a túa axenda, resúltame moi útil e as cores e estética encántanme, así que graciñas!
    Quería preguntar porque estou interesada, en saber se poderías dicirnos ou ensinarnos exactamente como é (ou de seguilo habendo, para podelo adquirir) o caderno Filofax reutilizable. Pois todos os anos encaderno, e é unha mágoa porque entendo que con iso podería engadir durante o curso, follas ou apartados novos, non si?
    Agradecida e noraboa polo teu traballo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polas túas palabras! Si, mira eu teño un parecido a este: shorturl.at/vDTZ9 un filofax A4 que viña con follas de quita e pon...e teño o perforador de Filofax tamén... (colle unhas 3 follas ao así por vez, polo menos o meu) (por fora puxen un forro de libro porque quero que teña a portada tamén fora hah) a ver, eu encanutillei moitos anos pero levo xa varios con este, tendo en conta que eu imprimo de trimestre en trimestre (non levo aí xa todo o curso) vaime ben e sí, meto e quito follas, engado cousas/papeis de reunións...funcioname ben pero supoño que se metes todo o curso e os engadidos é demasiado estreito... (non sei se filofax ten de máis capacidade...seguramente si e tamén hai máis marcas con sistemas destes de "auto-encadernado" como Happy Planner ou así, pero as arandelas soltas non me convencían...) Se che serviu de algo aquí queda a info, calquera cousa pregunta! e grazas!

      Eliminar
  8. Moitas grazas, o teu traballo é toda unha referencia. Parabéns!

    ResponderEliminar