Esto está a piques de comezar! Como sei que a moita xente lle pode ser de utilidade subo esta sinxela axenda docente descargable que fixen.
Como podedes ler en entradas doutros anoseu teño case toda a labor de calificacións, anotacións, programación, etc. dixitalizada (emprego principalmente iDoceo, moi útil e completa pero con moitísimo que trastear) así que esta axenda é en esencia un simple planificador xa que procuro que sexa moi lixeiro, de feito, sabedes por outros cursos que adoitei imprimir por trimestres para non levar peso de máis.
Aquí tedes o curso completo:
Portada
Páxina de datos
Calendario escolar
Horarios
Planificador dos tres trimestres con candasúa portada.
Páxinas de reunións
Notas ao curso que ven
Todo iso listo para que imprimades e empreguedes coma mellor vos conveña (enteiro, por trimestres, con máis follas para reunións ou notas, eliminando partes, etc.)
Con folgos e moitas ganas de ir subindo cousas que teño pendientes pecho esta entrada, agardo que todos e todas teñades moi boa entrada no curso, a disfrutar!
Chega agosto e ábrese a fiestra para que entre o aire!
Chegadas estas datas unha xa deu unhas cantas voltas á organización, proxectos e materiais para o novo curso, a verdade. Xa teño unha ringleira de proxectos abertos e materiais en contrucción que moi pronto iredes vendo.
Ademáis, sempre se pensa en xeitos de optimizar a organización e planificación da globalidade do curso.
Como xa contara na entrada sobre organización do curso pasado, tras ter alternado entre anos nos que toda a miña organización docente era dixital e outros nos que empregaba moito papel e cadernos docentes físicos atopei a miña fórmula persoal, o que coido que máis se adecúa ás miñas necesidades, e é unha opción combinada.
Coma organizador de aulas, grupos, notas e rexistro de calificacións en canto a competencias e proxectos seguirei empregando iDoceo (só para dispositivos Apple), xa comentara que probara outros como "Cuaderno del profesor" e o de Additio mais cada día recomendo máis encarecidamente o iDoceo se o dispositivo que empregas ten a mazá por marca. As súas posibilidades, optimizacións e uso son cada vez máis sorprendentes e funcionais para todo tipo de docente e ademáis da gran capacidade de personalización que ten cada día incorpora funcións máis interesantes, persoalmente intéresanme e destaco especialmente:
Total integración co entorno Google Classroom.
Facilidade para a organización da avaliación do desenrolo de competencias cun completísimo sistema de xestión de estándares e competencias (video explicativo máis abaixo, funciona incríble!)
Diario e planificador por día/semana tanto xeral como para cada grupo.
Integración coa asignación de insignias (badges) (moi interesante para todos os proxectos gamificados ou ludificados, e esta asignación de insignias pódese vincular tamén con Google Classroom)
Actualización e optimización da aplicación con moita frecuencia e xeralización no seu uso.
Non direi que é á máis sinxela de comezar a empregar pero cun chisco de tempo argallando é, sen dúbida, á que eu lle saco máis rendemento, tamén vai no gusto, recoñezo que cando empreguei "Cuaderno del profesor" e a de Additio a curva de aprendizaxe foi moito máis rápida e nun minuto tes andando un cuaderno sinxelo, con menos funcionalidades pero válido para moitas tarefas.
Tras curso desbotando o uso de papel recoñezo que eu preciso un pequeno soporte físico, moitas veces teño moitas frontes abertas, ideas, proxectos e tarefas que prefiro ter organizadas nun caderno no que escribo, borro, cambio, pego cousas, etc. e este tamén mellora a miña eficiencia.
Non gosto de cargar con pesadas axendas docentes (ou non docentes) só para a planificación de actividades de aula así que opto por elaborar unha que resulte cómoda e divídoa nos tres trimestres de xeito que levo unha pequena libreta.
Aquí podedes descargar o modelo de axenda lixeira que fixen para o primeiro trimestre.
Coido que esta mesma semana subirei outra entrada con parte da organización de aula. Cantos/as empregades o portfolio do alumno/a? para min é un recurso moi potente e de valioso poder para o desenvolvemento de aprendizaxes, ademáis cada día hai máis xeitos de crealos, presentalos, etc. así que... pronto a miña idea, apps e demáis.
Xa teño varios proxectos e actividades no forno listas para ir subindo así que, comezamos de novo! Agardo que esteades a pasar unhas boas vacacións, desfrutade!
Saúdos desde a fiestra! Ups! Non quero marchar sen deixar mostra da curtametraxe (case media...) que crearon, guionizaron, prepararon, representaron e estrearon os rapaces de 1º e 2º do CEIP de Caión o curso pasado co soporte desta mestra e do seu incríble mestre de música, estos proxectos, claro, son imposibles sen a impecable implicación de cada alumno/a así como a do resto do claustro e a axuda das familias, nesta outra entrada tamén podedes ver o proxecto "cinema na escola" por si vos animades!
ACTUALIZACIÓN: Nesta entrada podedes descargar xa a segunda e terceira parte da axenda imprimible!
Remata o trimestre que parece que pasou voando... hai un montón de recursos e ideas preparados para ser compartidos en breve mais, polo de agora, aquí ven a axenda do segundo trimestre!
Como comentei NESTA entrada, despois de cursos nos que empreguei opcións só dixitais con Apps como as que recomendaba (iDoceo, Additio, Cuaderno del profesor, etc.) e outros nos que empregaba cuadernos docentes en formato físico este curso optei por unha opción combinada.
Para calificacións, grupos, etc. estou empregando iDoceo, pola contra emprego unha axenda física para anotacións, programación de actividades de aula...
Como para min é importante non cargar con enormes axendas que acumular traballo de todo o curso optei por facer unhas trimestrais o máis lixeiras posible.
Así que, igual que fixen ao comezo do curso aquí tedes para imprimir a miña opción do segundo trimestre, que continúa coa mesma liña do primeiro.
Esta axendiña está lista para descargar e imprimir a doble cara ou adaptar ás nosas necesidades e inclúe:
A portada e o estampado traseiro da mesma.
A folla dos datos (non vaia ser que a perdamos!)
O calendario escolar (segue sendo o da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística)
O espazo para os horarios
As follas de organización semanal con calendario trismestral e o espazo para cada día da semana (luns a venres) así como espazo para anotacións e recordatorios.
A portada para incluír as follas de anotacións e proxectos ao final da axenda.
Sei que moitos remataremos o segundo trimestre bastante antes da chegada das vacacións de pascua (por equilibrar a duración dos tres trimestres) pero aínda así incluín ata a metade do mes de abril para poder adaptala ás necesidades de cada centro e profe.
Para min está sendo bastante operativa e valoro moito que quede algo bastante manexable e de pouco peso xa que con esto e a App teño todo listo.
Agardo que vos sexa de utilidade, se queredes a miña opinión sobre as distintas apps de xestión docente que coñezo recoméndovos pasar pola entrada de organización do curso na que falei delas desde a miña experiencia.
A pouco de comezar un novo curso escolar pareceume boa idea traervos os materiais esenciais cos que organizo os meus días.
Xa vai uns anos que optaba por ter todo (ou case todo) dixitalizado, para o cal empregaba unha tablet, mais, a gran cantidade de grupos e alumnos/as aos que din clase o ano pasado fixéronme ter que engadir, de novo, parte de soporte en papel e, este curso, optarei por unha opción combinada, sinxela e, sobre todo, lixeira.
A mistura da que vos falo consiste, no meu caso, en empregar as aplicacións de xestión docente da que vos falo un pouco máís abaixo para todo tipo de calificacións e rexistros do alumnado coma viña facendo e empregar unha axenda trimestral en papel que elaborei para a planificacion de distintas actividades ou proxectos de aula ou para anotar todo o que considero que debe estar máis á man ou é máis útil aí que no dispositivo.
A axenda en papel que podedes descargar e imprimir é moi sixela, consta só catro elementos diferenciados:
- Unha portada.
- A folla dos datos persoais. - Unhas plantillas para incluír os horarios que precisemos (persoais, de grupo, de aulas, biblioteca...)
- As follas de planificación semanal que constituirán o groso da axenda; cun pequeno calendario na parte superior e moito espacio en cada día para completar todo o necesario en cada sesión ou periodo, etc.
- Unha portada interior de anotacións que da paso a algúns folios en branco (ou ben papel pautado ou de cores) para anotacións varias.
Incluín tamén dous separadores que se poden eliminar mais están coa fin de que se imprimimos todo o documento a doble cara quede cada páxina no seu lugar e vexamos a semana completa ao abrir o caderno.
Esta axenda comprende desde o inicio de Setembro ata finais de Decembro e, en Xaneiro, comezarei unha similar coa fin de que sexan funcionais e lixeiras.
Sobre as aplicacións de xestion docente; por si vos sirve de referencia, os anos nos que traballaba só cunha tablet con sistema operativo Android probei diversas Apps como a de Additio pero sen dúbida a miña favorita naquel tempo foi "Cuaderno del Profesor" (ten versión Lite, gratuita e outra de pago) intuitiva moi, moi simple e super eficiente, mais seguro que agora hai outras moitas opcións máis completas. (Tamén empregaba ferramentas de Google para completar a dixitalización de todo o necesario, desde as reunións, programacións de aula, recordatorios...)
Agora, levo dous cursos completos nos que o que emprego é un iPad e, para o seu sistema operativo, a oferta de Apps de xestión docente é enorme. Tras probar e indagar, comecei a usar iDoceo, unha aplicación con miles de usuarios, e, sen dúbida, é a que maís me gusta e a que mellor se adapta no meu caso.
Pode resultar confusa ao principio xa que non é tan intuitiva coma os outros exemplos mais esto é o que permite que sexa moi personalizable e adaptable á situación de cada docente. Podes crear e descargar moitos tipos de plantillas para notas de toda índole, combinalas, modificalas, engadir as célebres rúbricas, etc. En definitva, é unha aplicación coa que, se lle adicas un pouco de esforzo ao comezar o curso, aforrarás moito tempo durante o resto de meses e terás todo organizado e sinxelo para xestionar; un gusto. Ademáis, nestas aplicacións tamén temos outras moitas funcionalidades que podemos explorar: diario, apartado para todo tipo de datos do alumnado, xestión de faltas, exportación de datos a documentos ou para imprimir, planos da aula para organizar mesas ou recunchos... de xeito que cada un acabaremos por empregar aquelas que nos axudan ou facilitan máis a nosa labor concreta nos centros. En resumidas contas, coa axenda impresa e a apliación iDoceo é como eu comezarei a organizar o novo curso escolar aída que é un aspecto que vou adaptando ás necesidades de cada ano así que engadirei novos aspectos e materiais en futuras entradas.
Agardo que cheguedes coas pilas moi cargadas e con moitas ideas para o novo curso!