Remata o trimestre que parece que pasou voando... hai un montón de recursos e ideas preparados para ser compartidos en breve mais, polo de agora, aquí ven a axenda do segundo trimestre!
Como comentei NESTA entrada, despois de cursos nos que empreguei opcións só dixitais con Apps como as que recomendaba (iDoceo, Additio, Cuaderno del profesor, etc.) e outros nos que empregaba cuadernos docentes en formato físico este curso optei por unha opción combinada.
![](https://3.bp.blogspot.com/-YF_7smYxwAg/WFuyKunCwGI/AAAAAAAAAZQ/RXYCB6xmn_k6bjfspDgJ7TP9TeBV5-VBACLcB/s320/idoceo_42_composition.png)
Para calificacións, grupos, etc. estou empregando iDoceo, pola contra emprego unha axenda física para anotacións, programación de actividades de aula...
Como para min é importante non cargar con enormes axendas que acumular traballo de todo o curso optei por facer unhas trimestrais o máis lixeiras posible.
Así que, igual que fixen ao comezo do curso aquí tedes para imprimir a miña opción do segundo trimestre, que continúa coa mesma liña do primeiro.
Esta axendiña está lista para descargar e imprimir a doble cara ou adaptar ás nosas necesidades e inclúe:
- A portada e o estampado traseiro da mesma.
- A folla dos datos (non vaia ser que a perdamos!)
- O calendario escolar (segue sendo o da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística)
- O espazo para os horarios
- As follas de organización semanal con calendario trismestral e o espazo para cada día da semana (luns a venres) así como espazo para anotacións e recordatorios.
- A portada para incluír as follas de anotacións e proxectos ao final da axenda.
Sei que moitos remataremos o segundo trimestre bastante antes da chegada das vacacións de pascua (por equilibrar a duración dos tres trimestres) pero aínda así incluín ata a metade do mes de abril para poder adaptala ás necesidades de cada centro e profe.
Para min está sendo bastante operativa e valoro moito que quede algo bastante manexable e de pouco peso xa que con esto e a App teño todo listo.
Agardo que vos sexa de utilidade, se queredes a miña opinión sobre as distintas apps de xestión docente que coñezo recoméndovos pasar pola entrada de organización do curso na que falei delas desde a miña experiencia.
Saúdos desde a fiestra!