02/08/2023

Axenda(s) docente(s) imprimible (s) e interactiva! 2023-2024

 Boas!

Xa chegou!, xa estamos aquí...

Un ano máis deixo a miña axenda por se a alguén lle é de uitlidade, como digo sempre é un caderno moi sinxelo, o xusto para o que eu emprego, nin máis nin menos... eu avalío, anoto, etc. en dixital (no iDoceo) mais non logro renunciar a empregar a miña axenda diaria en papel... costume, supoño.



Se alguén quere os documentos só ten que facer clic e poderá descargar os arquivos listos para imprimir a dobre cara.

Hai un arquivo coa axenda en vertical na cal unha semana vai en dúas páxinas (é a que emprego eu) e outro formato máis compacto no cal a axenda ten un formato apaisado de xeito que cada semana completa sae nunha única páxina.

Actualización: Houbo algunhas persoas (catro, non pensedes) que preguntaron pola axenda interactiva que fixera o ano pasado... e velaí vai, adaptei de novo a axenda para que se poda empregar nos dispositivos (por exemplo con GoodNotes no iPad) e coido que quedou ademáis máis manexable que a do ano pasado!


Ademáis deixo uns arquivos cos
calendarios soltos para imprimir a calquera tamaño e en vertical ou apaisado (eu emprego uns en A3 para a aula) e outro con algunhas páxinas adicionais por se son de utilidade (portadas, táboas, páxina de aniversarios...)

Velai vai, uns cantos arquivos dos cadernos para un novo curso que comezará, por se son de utilidade ou interese.


Agardo que teñades moi bo agosto e esteades a coller moitos folgos.

Saúdos desde a fiestra!

24 comentarios:

  1. Moitísimas grazas. O ano pasado foime moi útil. É un grandísimo traballo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrame moito que servira! Moitas grazas polas túas palabras! :)

      Eliminar
  2. Moitas grazas polo teu traballo altruista. Nos 4 anos que levo en Primaria, a túa axenda forma parte do meu día a día. Grazas por adicarlle tempo das túas vacacións e compartila con tantas persoas anónimas que de seguro estarán tan agradecidas coma min. Precioso traballo, digno dunha profesional.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Carai, moitas grazas polo que escribes, de verdade! :) e alégrame moito se é de utilidade. Apertas!

      Eliminar
  3. Moitísimas grazas pola axenda, encántame, coma sempre un traballo inmenso e por riba é preciosa! Unha aperta agradecida!!

    ResponderEliminar
  4. Millóns de grazas por este traballo, sempre descargo as tras axendas, son bonitas e moi, moi útiles. Saúdos e grazas polo agasallo.

    ResponderEliminar
  5. moitas gracias por compartir, encántame :)

    ResponderEliminar
  6. Moitísimas grazas por compartir as túas creacións ano a ano. A axenda é fantástica, moi útil e os deseños marabillosos. Un saudiño

    ResponderEliminar
  7. Grazas por compartir, lévoa empregando varios anos. O ano pasado usei a versión interactiva para o ipad. Ten todo o que se precisa. Mil graciñas por seguir facendo nela e permitir a outros docentes que a empreguemos no noso día a día.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Moitas grazas por escribir, (veño de engadir a interactiva este ano tamén xa que algunha xente preguntara!) Apertas

      Eliminar
  8. Moitas grazas. É preciosa e moi útil. Incrible traballo. Grazas por partillalo connosco.

    ResponderEliminar
  9. Ai, Patricia, non sabes ata,que punto che agradezo a interactiva... xa a usei o ano pasado e foi un descubrimento. Xa tiña descargada a outra pero vou volver descargar esta. Moitas, moitas grazas

    ResponderEliminar
  10. Muchísimas gracias por compartir. Es un material espectacular. Enhorabuena!!!!

    ResponderEliminar
  11. Moitísimas grazas, un traballo precioso, e moi xeneroso pola túa parte compartila. Mil grazas!

    ResponderEliminar
  12. Moitísimas grazas pola túa xenerosidade Patricia. Excelente traballo! Que teñas moi bó curso 23/24, Unha aperta

    ResponderEliminar
  13. Boas tardes, moitísimas grazas por compartir a túa axenda. Está xenial o teu traballo. Bo curso.

    ResponderEliminar
  14. Fantàstico traballo .Moitos parabèns por todo o teu esforzo.Mil grazas.

    ResponderEliminar
  15. Moitísimas gracias, Patricia. A túa axenda é un traballo marabilloso que nos axuda a moitas. Ademais es moi xenerosa ao partillar co claustro virtual. Mil grazas

    ResponderEliminar
  16. Moitas grazas polo teu traballo. O resultado é fermosísimo.

    ResponderEliminar
  17. Diolopaghe!... pero como iso non adoita acontecer, suxíroche que instales unha "pasarela de pagamento" para doazóns. Eu pagaría de bo gusto :-)

    ResponderEliminar